Amigos da Terra gaña o PREMIO CONAMA de Sostibilidade!
O proxecto de As Corcerizas gaña o VII Premio Conama á Sostibilidade de Pequenos e Medianos Municipios 2014 na categoría de menos de 5.000 habitantes, que se entregará o 24 de novembro no duodécimo Congreso Nacional del Medio Ambiente.
Trátase dun galardón honorífico que distingue as mellores iniciativas de eido local a favor da sostibilidade, dando visibilidade a aquelas que poidan servir de exemplo a outras localidades do Estado español. Amigos da Terra continúa creando e divulgando alternativas para un cambio real de modelo!
Relacionado
Esta primavera: Actividades escolares gratuítas!
about 8 years ago - Comentarios desactivados en Esta primavera: Actividades escolares gratuítas!
Amigos da Terra convida a 8 centros escolares a a participar no programa “Alimentos Kilométricos”, investigando como frear o cambio climático co que comemos cada día! Os alimentos veñen cada vez de máis lonxe, como os “pementos de Padrón” de Marrocos ou os kiwis de Nova Zelanda. En Galicia as terras de cultivo se abandonan, mentres More >
Apúntante á montaxe dun sistema fotovoltaico
about 8 years ago - 5 comentarios
Amigos da Terra e Nosa Enerxía poñen en marcha unha xornada gratuíta en As Corcerizas, o día 16 de novembro, co fin de facilitar información para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico e/ou consumir este tipo de enerxías con garantías de sostibilidade. Logo dunha introdución sobre o sector enerxético, a Cooperativa Nosa More >
Apoia a As Corcerizas no PREMIO CONAMA de Sostibilidade
about 8 years ago - 1 comentario
Amigos da Terra presentase ao “Premio Conama a la Sostenibilidad 2014″ co seu proxecto “As Corcerizas, ejemplo de alternativas para un cambio de modelo”. Trátase dun galardón honorífico que distingue as mellores iniciativas de eido local a favor da sostibilidade, dando visibilidade a aquelas que poidan servir de exemplo a outras localidades do Estado español. More >
Curso de Xeobioloxía e Bioconstrución
about 8 years ago - 1 comentario
A Bioconstrución entende unha relación de saúde e harmonía entre a vivenda e as persoas, respetando o medio e incorporando sistemas eficientes e aforradores de enerxía. Os días 8 e 9 de Novembro, levaremos a cabo un curso co obxectivo de mostrar os aspectos a ter en conta dende o momento de plantexar o edificio, More >
Curso de Produción e Xestión de Electricidade Renovable nas edificacións
about 8 years ago - Comentarios desactivados en Curso de Produción e Xestión de Electricidade Renovable nas edificacións
Os días 25 e 26 de outubro, Amigos da Terra pon en marcha unha formación en As Corcerizas co obxectivo de proporcionar a información suficiente para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico: solar, eólica e microhidráulica; de xeito práctico e cun enfoque real que permita trasladalo ao noso proxecto ou fogar. More >
Bioconstrución e renovables: formación no mes de outubro
about 8 years ago - Comentarios desactivados en Bioconstrución e renovables: formación no mes de outubro
Aberta a inscrición dos cursos que pon en marcha Amigos da Terra: – Estufas de alto rendemento: 11 e 12 de outubro. Imparte Manuel Vázquez, Ecofogar – Pinturas e aceites naturais: 18 de outubro. Imparte Alejandro Domínguez-Pintor de Quins, Decologic – Enerxías renovables no fogar e instalación de fotovoltaicas: 25 e 26 de outubro. Imparte Suso López Taboada, More >
Xornadas escolares “Alimentos Kilométricos”
about 8 years ago - Comentarios desactivados en Xornadas escolares “Alimentos Kilométricos”
Os alimentos veñen cada vez de máis lonxe, como os “pementos de Padrón” de Marrocos ou os kiwis de Nova Zelanda. En Galicia as terras de cultivo se abandonan, mentres noutros lugares do Sur selvas e pobos son arrasados para producir alimentos baratos que viaxarán miles de quilómetros ata chegar ás nosas mesas. Unha alimentación More >
Coñece o Bidueiral de Montederramo! roteiro guiado pola “fraga das damas brancas”
about 8 years ago - 6 comentarios
Amigos da Terra convídavos a participar nun roteiro interpretativo por unha das fragas mellor conservadas de Galicia, o Bidueiral de Montederramo. Propoñemos un programa de actividades para a fin de semana do 13-14 de setembro, gratuíto, aberto á participación!: Sábado-10.30h a 19.30h. Saída ao Bidueiral de Montederramo: disfrutaremos dun bosque de especies autóctonas, coñecendo os More >
Finaliza con éxito a I edición do programa escolar: Reduce a pegada de carbono!
about 8 years ago - Comentarios desactivados en Finaliza con éxito a I edición do programa escolar: Reduce a pegada de carbono!
As Corcerizas é un exemplo de aplicación de criterios de redución de emisións. A través do premio Fondo de Sustentabilidade, incorporaronse novos recursos para continuar minimizando a pegada de carbono, como a instalación dun pequeno eólico e a construción de muros radiantes para a calefacción. Neste marco Amigos da Terra convidou a 8 centros escolares a unha xornada didáctica, na que as/os participantes More >
As Corcerizas no Salón da Construción: alternativa ás compañías eléctricas
about 8 years ago - Comentarios desactivados en As Corcerizas no Salón da Construción: alternativa ás compañías eléctricas
Amigos da Terra presenta as alternativas que ofrece o seu proxecto de As Corcerizas para un cambio de modelo enerxético no Salón da Construción de Galicia SICO 2014. Será o xóves 5 de xuño ás 18h., no marco das xornadas técnicas organizadas por AGAEN, Cluster Galego do Autoconsumo Enerxético; entidade que aboga polo autoconsumo enerxético e a xeneración More >
Os comentarios estan pechados.
about 8 years ago
Aupa As Corcerizas!!! Amigos da Terra e todas as persoas que apoian e confían no proxecto estamos novamente de enhoraboa.
Con todo o esforozo e empeño que se está apoñer, unha palmadiña nas costas non está nada mal de cando en vez…
Muitos parabéns e adiante!!!
about 8 years ago
Gracias a todos/as polos comentarios e moreas de correos recibidos!! ahí seguiremos!
Apertas
about 8 years ago
Parabéns!! Isto é un recoñecemento a todo ese traballo diario de todas as que estades aí!
about 8 years ago
Máis parabéns!!!! Un premio ao traballazo que estades facendo dende hai anos!
about 8 years ago
Noraboa! Ben merecido, esperemos que os premios recibidos axuden a concienciar que o proxecto de As Corcerizas debe continuar para sempre e precisa axuda económica
about 8 years ago
Parabéns amigos! alégrame moito ver como o proxecto continúa con pulo renova do e en pé!