Apúntante á montaxe dun sistema fotovoltaico
Amigos da Terra e Nosa Enerxía poñen en marcha unha xornada gratuíta en As Corcerizas, o día 16 de novembro, co fin de facilitar información para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico e/ou consumir este tipo de enerxías con garantías de sostibilidade.
Logo dunha introdución sobre o sector enerxético, a Cooperativa Nosa Enerxía explicará as opcións de consumo de renovables e a súa área de comercialización como alternativa xa en funcionamento.
O resto da xornada será de carácter práctico, montando un sistema fotovoltaico asistido, da man de Suso López Taboada, instalador experto en sistemas eólicos, fotovoltaicos e microhidráulico. Tamén coñeceremos o funcionamento dun sistema illado a través da visita técnica guiada ás nosas instalacións enerxéticas de As Corcerizas. PROGRAMA COMPLETO
Prezo:
A xornada é de balde para o público xeral.
As/os socias/os de Amigos da Terra e Nosa Enerxía poderán abonar os seus gastos de desprazamento.
Inscrición:
Envía a ficha de inscrición cuberta a info@ascorcerizas.com
Se eres socia/o de Nosa Enerxía envía un correo solicitando participación a nosaenerxia@nosaenerxia.com
As prazas son limitadas. Data fin de inscrición: 14 de novembro ás 12h.
Os comentarios estan pechados.
about 8 years ago
Dende As Corcerizas acaban de comunicarnos que debemos cancelar o obradoiro por circunstancias meteorolóxicas, motivo polo que o obradoiro queda aplazado a outras datas.
Desculpade as molestias.
about 8 years ago
Eu busco cohce para saír dende Pontevedra.
about 8 years ago
Holaa yo voy desde Ourense tambien¡ pero tampco tengo coche… asi que si alguien tiene coche quee avise¡¡
about 8 years ago
Ola!!!
¿Alguen pode acercarme dende Ourense ou Cartelle?
about 8 years ago
Alguen que teña coche para compartir?, xa que eu non teño