Curso de Xeobioloxía e Bioconstrución
A Bioconstrución entende unha relación de saúde e harmonía entre a vivenda e as persoas, respetando o medio e incorporando sistemas eficientes e aforradores de enerxía. Os días 8 e 9 de Novembro, levaremos a cabo un curso co obxectivo de mostrar os aspectos a ter en conta dende o momento de plantexar o edificio, integrando, ademais da orientación, unha serie de factores de risco que poderían afectar á saúde das persoas que habiten o lugar.
Unha axeitada prospección da xeobioloxÍa do terreo daranos información sobre posibles alteracións; aprendendo cómo replantexar o posicionamento da edificación no seu lugar óptimo segundo a súa finalidade. Aprenderemos a facer un estudo de Biohabitabilidade e a elaborar paralelamente unha idealización e construción cos materiais axeitados aos criterios da Bioconstrución: cal, arxilas, madeiras, pinturas orgánicas, etc. Así como o uso e manutención e a súa vinculación coa saúde.
Apúntate canto antes! aquí o PROGRAMA COMPLETO XEOBIOLOXÍA E BIOCONSTRUCIÓN.
- FORMADOR: Xulio Fernández Pazó, arquitecto técnico vinculado coa saúde e Xeobioloxía dende hai máis de 15 anos, orientou os seus proxectos actuais neste eido: www.bioconstruir.es. Actualmente é presidente fundador da asociación Espiga para a Bioconstrución, encargada da difusión e cohesión da Bioconstrución en Galicia, formando, aprendendo e compartindo coñecemento que nos permita disfrutar de espazos saudables para o ser humano: espigabioconstrucion.org
- DESTINATARIAS: O curso está dirixido ao público en xeral, calquera persoa interesada na mellora da calidade da súa vivenda e da sostibilidade; especialmente dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, arqueoloxía, etc.
- IMPORTE DA MATRÍCULA: 70 €
- INSCRICIÓN: envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com, ata o día 5 de novembro
Inscrición Xeobioloxía e Bioconstrución formato .odt
Inscrición Xeobioloxía e Bioconstrución formato .doc
Related Images:
Aínda non hai comentarios.
Os comentarios estan pechados.