Obradoiro de Pinturas e Aceites Naturais
O 18 de outubro levaremos a cabo un obradoiro no que coñeceremos as vantaxes do emprego de pinturas e vernices naturais: transpirables, regulan a humidade e están libres de sustancias nocivas. A súa elaboración é respetuosa co medio, tanto na produción como na reciclaxe de materias primas e embalaxes. Unha alternativa ás convencionais que supoñen un risco para a saúde polas sustancias canceríxenas e a emisión de gases tóxicos.
Imparte a formación o especialista Alexandre Domínguez, coñecido como Pintor de Quins e promotor da empresa Decologic
Consulta os horarios, contidos e actividades complementarias da xornada!
Durante a mañá, de 10h. a 14h., trataremos os seguintes contidos:
INTRODUCIÓN E CONTEXTO:
- Por que pinturas e vernices naturais?
- Beneficios do seu emprego
- O etiquetado e confusións frecuentes
PINTURAS E ACEITES NATURAIS:
- Propiedades
- Tipos e compoñentes (ligantes, disolventes, aditivos e pigmentos)
- Aplicacións (sobre diferentes superficies e materiais, en interior, exterior, etc.)
- Obradoiro práctico
Pola tarde, de 16h. a 19h. continuaremos cun OBRADOIRO DE AUTOCONSTRUCIÓN; participando na elaboración de morteiros, aplicación de revocos e manexo de materiais de bioconstrución. Tomando como referencia os criterios que se desenvolven en As Corcerizas, a través da visita ás instalacións.
TARIFAS:
- Obradoiro de pinturas e autoconstrución: 35€; para socios/as de Amigos da Terra 30€
- Fin de semana en As Corcerizas: 50€ inclúe as actividades e aloxamento no albergue
INSCRIBIRSE: envía un correo a info@ascorcerizas.com
Os comentarios estan pechados.
about 7 years ago
Ola
Eu saio de Santiago de Compostela mańa as 8:30.
Teño 3 sitios podo parar polo camiño.
Aproveitade que asi faise máis amena a viaxe.
Chamade 607202241
Un saudo
about 7 years ago
Boas! Eu vou dende Mondariz. Paso por Ponteareas, a cañiza, ourense, xinzo. Informo por se alguén quere apuntarse ó percorrido. Vémonos!