Arquivos de Outubro, 2014

Apoia a As Corcerizas no PREMIO CONAMA de Sostibilidade

conama2014_congreso_premio_webAmigos da Terra presentase ao  “Premio Conama a la Sostenibilidad 2014″ co seu proxecto “As Corcerizas, ejemplo de alternativas para un cambio de modelo”.

Trátase dun galardón honorífico que distingue as mellores iniciativas de eido local a favor da sostibilidade, dando visibilidade a aquelas que poidan servir de exemplo a outras localidades do Estado español.

Os proxectos gañadores decídense a partir de nove votos. Os oito de cada un dos membros dun xurado de expertos en sostibilidade e un noveno que depende dos resultados das votacións en Internet. Estos premios entregaranse no próximo Congreso Nacional de Medio Ambiente, CONAMA 2014, que se celebrará en Madrid do 24 ao 27 de novembro.

CONSULTA AQUÍ A FICHA. Votacións so ata o 3 de novembro!

Curso de Xeobioloxía e Bioconstrución

2014xeobioloxia_bioconstrucionA Bioconstrución entende unha relación de saúde e harmonía entre a vivenda e as persoas, respetando o medio e incorporando sistemas eficientes e aforradores de enerxía. Os días 8 e 9 de Novembro, levaremos a cabo un curso co obxectivo de mostrar os aspectos a ter en conta dende o momento de plantexar o edificio, integrando, ademais da orientación, unha serie de factores de risco que poderían afectar á saúde das persoas que habiten o lugar.

Unha axeitada prospección da xeobioloxÍa do terreo daranos información sobre posibles alteracións; aprendendo cómo replantexar o posicionamento da edificación no seu lugar óptimo segundo a súa finalidade. Aprenderemos a facer un estudo de Biohabitabilidade e a elaborar paralelamente unha idealización e construción cos materiais axeitados aos criterios da Bioconstrución: cal, arxilas, madeiras, pinturas orgánicas, etc. Así como o uso e manutención e a súa vinculación coa saúde.

Apúntate canto antes! aquí o PROGRAMA COMPLETO XEOBIOLOXÍA E BIOCONSTRUCIÓN. Ler mais…

Curso de Produción e Xestión de Electricidade Renovable nas edificacións

2014enerxias_renovablesOs días 25 e 26 de outubro, Amigos da Terra pon en marcha unha formación en As Corcerizas co obxectivo de proporcionar a información suficiente para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico: solar, eólica e microhidráulica; de xeito práctico e cun enfoque real que permita trasladalo ao noso proxecto ou fogar.

No curso entenderemos cómo calcular o consumo eléctrico nunha vivenda e a súa demanda enerxética, os criterios de elección das fontes renovables máis apropiadas e as diferentes opcións para a xestión eléctrica nun sistema asistido ou illado da rede eléctrica. Ademais adquiriremos as nocións básicas para o dimensionamento dun sistema de aproveitamento de electricidade fotovoltaica, cos cálculos precisos para trasladalo a cada realidade.

Información ampliada: PROGRAMA E CONDICIÓNS

Ler mais…

Obradoiro de Pinturas e Aceites Naturais

2014obradoiro_pinturas_naturais

O 18 de outubro levaremos a cabo un obradoiro no que coñeceremos as vantaxes do emprego de pinturas e vernices naturais: transpirables, regulan a humidade e están libres de sustancias nocivas. A súa elaboración é respetuosa co medio, tanto na produción como na reciclaxe de materias primas e embalaxes. Unha alternativa ás convencionais que supoñen un risco para a saúde polas sustancias canceríxenas e a emisión de gases tóxicos.

Imparte a formación o especialista Alexandre Domínguez, coñecido como Pintor de Quins e promotor da empresa Decologic

Consulta os horarios, contidos e actividades complementarias da xornada!

Ler mais…