2014_estufas_rendementoAs estufas cerámicas están deseñadas baixo as premisas de aforro enerxético, construción sostible e óptimo aproveitamento da enerxía producida pola leña. Ademais dunha maior eficiencia, lógrase unha importante redución na emisión de gases contaminantes. Neste curso práctico construiremos unha estufa, da man do experto Manuel Vázquez, xerente de ECOFOGAR.

Datas e lugar: 25-26 de outubro, en As Corcerizas

Horarios e inscrición: o curso comeza o sábado ás 10.30h. e remata o domingo ás 19.00h. Para matricularse é preciso enviar a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com, ata o día 22 de outubro

Destinatarios/as: público en xeral, calquera persoa interesada en incorporar sistemas eficientes no fogar; especialmente dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, etc.

Consulta os contidos, tarifas e apúntate canto antes!

CONTIDOS TEÓRICOS:

  • A madeira como fonte de enerxía
  • Transmisión da calor
  • Cálculo de calor por radiación
  • Situación da estufa
  • Saída de fumes (fumistería)
  • Materiais e ferramentas
  • Teórica da construción
  • Problemas frecuentes

APLICACIÓNS PRÁCTICAS:

  • Replanteo do modelo
  • Construción
  • Rexistros de limpeza
  • Regulador de tiro
  • Solución de problemas

TARIFAS:

  • Matrícula: 120 €
  • Aloxamento e manutención: 55 € (inclúe 1 noite de aloxamento, 1 pensión completa máis un xantar; alimentación ecolóxica e local, na medida do posible). Posibilidade de aloxamento (15€) e manutención por conta de cada participante
  • Prezo global para socias/os de Amigos da Terra: 160 €

INSCRICIÓN: