alimentos_qm_escolar_planetaOs alimentos veñen cada vez de máis lonxe, como os “pementos de Padrón” de Marrocos ou os kiwis de Nova Zelanda. En Galicia as terras de cultivo se abandonan, mentres noutros lugares do Sur selvas e pobos son arrasados para producir alimentos baratos que viaxarán miles de quilómetros ata chegar ás nosas mesas.

Unha alimentación sustentable, ademais de ser saudable para nós mesmos/as, debe respectar o medio no que todos/as convivimos. En As Corcerizas se demostra que este modelo é posible, baseado nunha redución de emisións de CO2: enerxías renovables; eficiencia enerxética e bioconstrución; e unha alimentación sostible, de orixe local e ecolóxica.

Amigos da Terra convida a 4 centros escolares durante o mes de outubro a investigar como frear o cambio climático co que comemos cada día!

Consulta os contidos, metodoloxía e horarios: PROGRAMA ESCOLAR ALIMENTOS QUILOMÉTRICOS

As xornadas desenvolveranse durante o mes de Outubro de 2014

Terán prioridade na inscrición os centros escolares participantes na Campaña de Sensibilización Impórtanos

Apunta ao teu centro escolar! envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com

Ficha actividade escolar formato .odt

Ficha actividade escolar formato .doc