Coñece o Bidueiral de Montederramo! roteiro guiado pola “fraga das damas brancas”
Amigos da Terra convídavos a participar nun roteiro interpretativo por unha das fragas mellor conservadas de Galicia, o Bidueiral de Montederramo. Propoñemos un programa de actividades para a fin de semana do 13-14 de setembro, gratuíto, aberto á participación!:
Sábado-10.30h a 19.30h. Saída ao Bidueiral de Montederramo: disfrutaremos dun bosque de especies autóctonas, coñecendo os seus usos tradicionais e mediciñais nas poboacións próximas; e o alto valor ecolóxico deste espazo como sumideiro de CO2.
Domingo-10.30h. a 13.30h. Visita As Corcerizas e voluntariado: se non coñeces o proxecto achégate a visitar os recursos do centro.
Apúntate! envia un correo a info@ascorcerizas.com e porémonos en contacto contigo.
Os comentarios estan pechados.
about 7 years ago
Boas Clara! espero que leades isto pola mañán… non sei como podemos quedar… eu nada máis erguerme miro se lestes isto. Aïnda así déixoche o meu número de teléfono para pornos en contacto 653 381 549. Saúdos e ata mañá
about 7 years ago
Inma, nós saímos de Ourense cidade! Se queres, temos sitio. Tamén volvemos o mesmo día. Xa dirás algo!
about 7 years ago
Iria! non sei se vos vai moi mal metervos na cidade de Ourense, eu agardaría por vós na primeira rotonda e xa voltamos coller a autovía…como o vedes?
about 7 years ago
Ola! eu vou dende Ourense e voltaría o mesmo día, alguén ten un sitio libre?
about 7 years ago
Ola! Nos somos 2 e saimos dende Compostela, se alguén se anima temos 3 sitios libres! Voltamos no mesmo dia
about 7 years ago
Ola boas ¡¡¡ Vivo en Pontevedra e gostaria de subir con alguem que teña coche; Eu non conduzo.
Gracias 🙂