Arquivos de Setembro, 2014
Curso de estufas de alto rendemento: novas datas!
Set 25
As estufas cerámicas están deseñadas baixo as premisas de aforro enerxético, construción sostible e óptimo aproveitamento da enerxía producida pola leña. Ademais dunha maior eficiencia, lógrase unha importante redución na emisión de gases contaminantes. Neste curso práctico construiremos unha estufa, da man do experto Manuel Vázquez, xerente de ECOFOGAR.
Datas e lugar: 25-26 de outubro, en As Corcerizas
Horarios e inscrición: o curso comeza o sábado ás 10.30h. e remata o domingo ás 19.00h. Para matricularse é preciso enviar a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com, ata o día 22 de outubro
Destinatarios/as: público en xeral, calquera persoa interesada en incorporar sistemas eficientes no fogar; especialmente dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, etc.
Consulta os contidos, tarifas e apúntate canto antes!
Bioconstrución e renovables: formación no mes de outubro
Set 23
Aberta a inscrición dos cursos que pon en marcha Amigos da Terra:
– Estufas de alto rendemento: 11 e 12 de outubro. Imparte Manuel Vázquez, Ecofogar
– Pinturas e aceites naturais: 18 de outubro. Imparte Alejandro Domínguez-Pintor de Quins, Decologic
– Enerxías renovables no fogar e instalación de fotovoltaicas: 25 e 26 de outubro. Imparte Suso López Taboada, Montaxes Lagoa
– Xeobioloxía e bioconstrución: 8 e 9 de novembro. Imparte Xulio Fernández, Bioconstruir
Se estás interesada solicita información e realiza a preinscrición en: info@ascorcerizas.com
Os cursos irán publicandose con programa, horarios, formadores/as e tarifas. Estade atentas!
Xornadas escolares “Alimentos Kilométricos”
Set 18
Os alimentos veñen cada vez de máis lonxe, como os “pementos de Padrón” de Marrocos ou os kiwis de Nova Zelanda. En Galicia as terras de cultivo se abandonan, mentres noutros lugares do Sur selvas e pobos son arrasados para producir alimentos baratos que viaxarán miles de quilómetros ata chegar ás nosas mesas.
Unha alimentación sustentable, ademais de ser saudable para nós mesmos/as, debe respectar o medio no que todos/as convivimos. En As Corcerizas se demostra que este modelo é posible, baseado nunha redución de emisións de CO2: enerxías renovables; eficiencia enerxética e bioconstrución; e unha alimentación sostible, de orixe local e ecolóxica.
Encontro de Soberanía Alimentaria. Alternativas locais para un cambio global
Set 10
A relación que temos cos alimentos e a forma na que os producimos está sometida a presións crecentes. Como resultado, a agricultura a pequena escala está sendo reemplazada por unha a gran escala, creada por agro-empresas transnacionais. Con este encontro en As Corcerizas, do 26 ao 28 de setembro, pretendemos participar na construción de pontes entre a xente e os seus alimentos:
A AGRO-INDUSTRIA E AS SÚAS REPERCUSIÓNS: unha visión global sobre a realidade dos transxénicos; o acaparamento de terras; e o novo asalto da globalización económica: os tratados de libre comercio. Informándonos sobre as consecuencias ambientais e nas comunidades, e debatindo para acadar propostas.
DA HORTA AO PRATO. Obradoiro de Cociña EcoLóxica: alternativas prácticas para un cambio global.
Consulta os contidos, horarios e tarifas aquí: PROGRAMA SOBERANÍA ALIMENTARIA AS CORCERIZAS
Coñece o Bidueiral de Montederramo! roteiro guiado pola “fraga das damas brancas”
Set 2
Amigos da Terra convídavos a participar nun roteiro interpretativo por unha das fragas mellor conservadas de Galicia, o Bidueiral de Montederramo. Propoñemos un programa de actividades para a fin de semana do 13-14 de setembro, gratuíto, aberto á participación!:
Sábado-10.30h a 19.30h. Saída ao Bidueiral de Montederramo: disfrutaremos dun bosque de especies autóctonas, coñecendo os seus usos tradicionais e mediciñais nas poboacións próximas; e o alto valor ecolóxico deste espazo como sumideiro de CO2.
Domingo-10.30h. a 13.30h. Visita As Corcerizas e voluntariado: se non coñeces o proxecto achégate a visitar os recursos do centro.
Apúntate! envia un correo a info@ascorcerizas.com e porémonos en contacto contigo.