campo_de_trabajo_ascorcerizas_2014_brais_palmásO pasado 12 de agosto finalizou o campo de traballo internacional de bioconstrución e autoconstrución en As Corcerizas. Ao longo de doce xornadas, mozas de seis nacionalidades diferentes aprenderon a deseñar e construir seguindo os principios da construción sostible.

O programa completouse con charlas informativas sobre o sistema alimentario convencional, a mediciña alopática e o presente modelo enerxético. E para coñecer as alternativas propuxemos diversos obradoiros de cosmética natural, velas e xabóns veganos, elaboración de pan, de marmelos e cervexa artesanal. Aquí algunhas FOTOGRAFÍAS das xornadas.

Ainda que o tempo non acompañou todolos días, realizáronse rutas interpretativas pola serra ata o pobo de Rebordechao con identificación de prantas silvestres mediciñáis; e ao Biueiral de Montederramo, onde as participantes recolleron arandos cos que facer os marmelos.

Entre tanto, e coa colaboración do centro de recuperación de fauna do Alto do Rodicio, puidemos participar ademáis na liberación dun alcotán (Falco subbuteo).

Houbo tamén tempo de facer un visita ao casco antigo de Ourense e, xa pola noite, a relaxar o corpo nas termas de Outariz, antes de voltar ao albergue de As Corcerizas.

Agardamos voltar a vernos o ano que ven!!