Continúan as accións de voluntariado forestal
Da comezo a terceira semana de voluntariado ambiental para a defensa contra incendios, con diversidade de actividades forestais na contorna da Serra de San Mamede!
Nas pasadas quendas, as/os participantes puideron coñecer e comprender a problemática dos lumes na montaña, interactuar cos axentes implicados e colaborar na súa prevención coa vixianza a través de roteiros e na mellora do ecosistema. Nos tempos libres aproveitaron a experiencia do equipo de As Corcerizas para coñecer alternativas como o funcionamento das enerxías renovables; así como obradoiros e actividades de debate e reflexión.
Non perdades a oportunidade de apuntarvos para a última semana do programa en As Corcerizas!
Do 18 ao 22 de agosto, cubrindo este FORMULARIO
Os comentarios estan pechados.
about 9 years ago
ola! eu irei dende Vigo, hai alguén que saia dende aquí? ou para quedar a medio camiño??apertas!