ecoactivismo_vertical_280614cursoO 28 e 29 de xuño levaremos a cabo unha formación que nos achegará a diferentes técnicas para levar a cabo accións en defensa do medio ambiente:

Na xornada do sábado coñeceremos posibles métodos de ascenso e descenso a árbores, cómo establecernos nelas de forma cómoda e segura durante o tempo necesario para a nosa vixianza contra incendios, avistamentos ou calquera acción que o requira. Coñeceremos medidas de seguridade, familiarizándonos co material e métodos para asegurar o éxito das nosas accións.

Na mañá do domingo practicaremos sobre infraestructuras e edificacións, prestando especial atención aos sistemas de anclaxe, técnicas de rappel e colocación de elementos. Actívate na defensa do medio ambiente!

HORARIO:

  • SÁBADO: 11h. a 14h. e 16h. a 20h.
  • DOMINGO: 10h. a 14h.

TARIFAS:

  • COMPLETA-formación, aloxamento e manutención (1p.c.+1xantar; alimentación ecolóxica, local):

– Socias/os de Amigos da Terra: 100 €

– Non socias/os: 120 €

  • PARCIAL-formación, con aloxamento:

– Socias/os de Amigos da Terra: 65 €

– Non socias/os: 75 €

INSCRICIÓN:

Envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com; porémonos en contacto contigo!

Inscrición ecoactivismo formato .odt

Inscrición ecoactivismo formato .doc

Related Images: