Finaliza con éxito a I edición do programa escolar: Reduce a pegada de carbono!
As Corcerizas é un exemplo de aplicación de criterios de redución de emisións. A través do premio Fondo de Sustentabilidade, incorporaronse novos recursos para continuar minimizando a pegada de carbono, como a instalación dun pequeno eólico e a construción de muros radiantes para a calefacción.
Neste marco Amigos da Terra convidou a 8 centros escolares a unha xornada didáctica, na que as/os participantes analizaron as principais fontes de emisións de CO2, a nosa relación coa produción e a capacidade que temos para influir na súa redución.
Agradecemos aos centros a súa participación e dinamismo!
Aquí unha presentación das FOTOGRAFÍAS DAS XORNADAS
Os comentarios estan pechados.