Arquivos de Xuño, 2014
Voluntariado Ambiental en As Corcerizas, participa!
Xuñ 25
Comezamos co programa de prevención contra os incendios forestais na Serra de San Mamede! Dende Amigos da Terra animámosvos a participar na defensa dos nosos bosques e a colaborar na mellora do ecosistema forestal próximo a As Corcerizas, en estancias gratuítas dunha semana durante os meses de xullo e agosto.
Combinaremos accións directas no monte para a súa recuperación, restauración de zonas afectadas polos lumes, roteiros de vixianza e coñecemento do medio, obradoiros ambientais, debates, videos, dinámicas grupais, etc.; nun ambiente lúdico e participativo.
Apúntate xa a esta primeira semana! do 30 de xuño ao 4 de xullo, neste FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN
Máis datas en As Corcerizas: 7 a 11 e 14 a 18 de xullo; 18 a 22 de agosto
Apúntate ao Ecoactivismo vertical!
Xuñ 13
O 28 e 29 de xuño levaremos a cabo unha formación que nos achegará a diferentes técnicas para levar a cabo accións en defensa do medio ambiente:
Na xornada do sábado coñeceremos posibles métodos de ascenso e descenso a árbores, cómo establecernos nelas de forma cómoda e segura durante o tempo necesario para a nosa vixianza contra incendios, avistamentos ou calquera acción que o requira. Coñeceremos medidas de seguridade, familiarizándonos co material e métodos para asegurar o éxito das nosas accións.
Na mañá do domingo practicaremos sobre infraestructuras e edificacións, prestando especial atención aos sistemas de anclaxe, técnicas de rappel e colocación de elementos. Actívate na defensa do medio ambiente!
Finaliza con éxito a I edición do programa escolar: Reduce a pegada de carbono!
Xuñ 10
As Corcerizas no Salón da Construción: alternativa ás compañías eléctricas
Xuñ 5
Amigos da Terra presenta as alternativas que ofrece o seu proxecto de As Corcerizas para un cambio de modelo enerxético no Salón da Construción de Galicia SICO 2014.
Será o xóves 5 de xuño ás 18h., no marco das xornadas técnicas organizadas por AGAEN, Cluster Galego do Autoconsumo Enerxético; entidade que aboga polo autoconsumo enerxético e a xeneración distribuida de electricidade. As Xornadas contarán con especialistas en enerxías renovables, bioconstrución, técnicas de eficiencia enerxética, empleo de cámaras termográficas para detectar fallos de illamento, etc. MAIS INFORMACIÓN