premioAsCorcerizas

As Corcerizas é un reto, un proxecto transformador no que Amigos da Terra fixo unha aposta por demostrar que as utopías non só poden ser unha realidade, senon que esa realidade se fixera físicamente exemplar, pois non hai mellor xeito que facer para despois poder falar. Corcerizas nace e desenvolve o seu proxecto co reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo cun equipamento en total coherencia socioambiental, e impulsar o desenvolvemento de novos modelos de sustentabilidade.

Os principais ingredientes que convertiron en realidade esta iniciativa, agora recoñecida internacionalmente, siguen evolucionando viva e dinámicamente como a propia natureza na que está asentada.

Na actualidade, a histórica falta de relevancia da educación ambiental vese amplificada pola xeneralizada “crise económica”, que evidencia a pobre posición dos criterios ambientais na escala de valores da nosa sociedade, algo que, no máis amable sentido da palabra, Corcerizas comenza a subvertir. Nunca foron máis imprescindibles estes proxectos subversivos, transformadores, que xeneren reflexión e reacción social para crear novas liñas estratéxicas, sinerxias e fortalecemento do traballo en rede. Neste contexto, o premio recíbese como un recoñecemento a este labor que leva desenvolvendo dende hai máis de dez anos o colectivo ecoloxista, e ao traballo de todas as persoas que coa súa profesionalidade, esforzo e motivación conseguiron facer da utopía unha realidade en As Corcerizas.

Únete ao proxecto, e continuemos creando alternativas para un cambio de modelo!