Arquivos de Abril, 2014
A cal e os seus usos: curso práctico
Abr 21
A asociación galega para a bioconstrución, ESPIGA, organiza esta formación en As Corcerizas co obxectivo de poñer en coñecemento das participantes a cal en pasta, para a súa aplicación en restauración e/ou conservación do Patrimonio Histórico, bioconstrución, construción ecolóxica e autoconstrución.
Da man de JOYSTUC coñeceremos a versatilidade que presenta este gran material aplicable tanto en exteriores como interiores.
O curso levarase a cabo do 15 ao 17 de maio, e vai dirixido especialmente a profesionais do mundo da construción e do estuco. Pero tamén a todas aquelas persoas interesadas na mellora da calidade das súas vivendas e da sostibilidade. Consulta aquí o PROGRAMA E CONDICIÓNS, e inscríbete!
Participa con Amigos da Terra na protección dos bosques!
Abr 14
O sábado 19 de abril continuaremos coas xornadas de voluntariado ambiental na Serra de San Mamede, centrando as accións no ecosistema forestal próximo a As Corcerizas; espazo de gran riqueza faunística e de diversidade de especies vexetais. Coa finalidade de seguir recuperando zonas degradadas e revalorizar os seus elementos singulares, realizaremos as seguintes actividades:
– Mellora do bosque comestible
– Deseño do “roteiro da fraga das lendas” e localización do miradoiro
– Construción dunha ponte sobre o río da lagoa
Se estás interesado/a en participar, contacta en voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou no 988 374 318, local de Amigos da Terra en Ourense. Horario das actividades:11h. a 19h.; saída conxunta ás 10 dende Ourense