Primeiros vatios de minieólica intelixente en As Corcerizas
Este domingo, 23 de marzo de 2014, vai supoñer un antes e un despois a nivel enerxético para As Corcerizas! Logrouse con éxito a instalación dunha nova máquina de pequena potencia que mostra un novo concepto de minieólica: máxima eficiencia, fiable, con baixos niveles de ruído e sen mantemento. Este novo aeroxerador Anelion SW3.5 distínguese por ter un sistema de regulación e control de potencia puramente electrónico, que agora está a producir xa os primeiros vatios na Serra de San Mamede.
Fotos do proceso: Presentación instalación aeroxerador
Dende Amigos da Terra agradecemos o esforzo e perseverancia de Suso e Maribel, de Montaxes Lagoa, que sen perder a ilusión confiaron en ser capaces de aproveitar o recurso da serra, afrontando todolos retos. Tamén a Xabi e Chimo de Anelion, pola seguridade que nos transmiten e a gran implicación neste proxecto.
Esta actuación fai parte do Premio internacional outorgado por Hostelling International, que a través da Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) apoiaron o proxecto de soberanía enerxética de As Corcerizas.
Os comentarios estan pechados.
about 8 years ago
Ohhh!!!! é xenial!!
As fotos (impresionantes, por certo) non deixan lugar a dúbidas, o aeroxerador luce e xira ao fin no alto da Serra…
Logo da longa espera, só nos queda ir a disfrutar dalgunha actividade e ver en primeira persoa as melloras enerxéticas.
Parabéns para todo o equipo!
about 8 years ago
Felicidades !! El viento nos llena ahora de energía otra vez. Un fuerte abrazo ecologista !!