130207_banho_campa_webÁbrese o prazo de inscrición para os campamentos de 2014 con Amigos da Terra! En As Corcerizas creamos un marco de convivencia e traballo en equipo no que se desenvolven os valores que defende Amigos da Terra baseados no respecto pola natureza dende unha visión positiva e construtiva.

Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións, obradoiros creativos, xogos populares, dinámicas de grupo, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis información sobre o enfoque e actividades deste ano.

  • Do 1 ao 7 de xullo: 8 a 11 anos
  • Do 8 ao 14 de xullo: 12 a 15 anos

cartaz campamentos corcerizasDurante os campamentos os/as participantes non solo adquiren novos coñecementos, senon tamén e sobre todo, actitudes e capacidades como coordinación, socialización e creatividade.

Unha experiencia vivencial en pleno contacto coa natureza e nunha total coherencia ambiental: alimentación ecolóxica, local e libre de transxénicos; enerxías renovables, bioconstrución, compostaxe, mellora da contorna forestal, coñecemento e contacto coa poboación próxima, etc.

Fai a túa reserva, envía a ficha de inscrición e solicita o programa detallado de actividades, por correo electrónico a info@ascorcerizas.com ou chamando ao número 986 229 089

TARIFAS E INSCRICIÓN CAMPAMENTOS 2014