eolico_instalacionÁbrese a inscrición para o curso que levaremos a cabo en As Corcerizas os días 21 a 23 de marzo: Deseño práctico, montaxe e mantemento de sistemas eólicos de pequena potencia para instalacións de autoconsumo, autónomas ou conectadas á rede.

A formación baséase na configuración dun sistema eólico de pequena potencia e na súa montaxe real, coa posta en marcha, comprobación e mantemento. Consulta o programa: APLICACIÓN INSTALACIÓNS EÓLICAS

DIRIXIDO A: estudantes, formadores/as, electricistas, e profesionais en xeral do sector; emprededores/as, etc., e calquera persoa que teña interese en aproveitar a enerxía do vento para producir electricidade.

PREZO: 175€; 150€ para socios/as de Amigos da Terra; inclúe matrícula, aloxamento e manutención (alimentos ecolóxicos e locais, no posible)

IMPARTEN O CURSO:

  •  Suso López Taboada, MONTAXES LAGOA-ENERXÍAS RENOVABLES: instalador experto en sistemas eólicos, fotovoltaicos e microhidráulicos.
  • Joaquin Mataix, responsable electromecánico de fabricación de ANELION
  • Xabier Benavides, responsable de departamento electrónico de ANELION

INSCRIPCIÓN: envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo.

Data fin de inscrición: 16 de marzo; as prazas son limitadas!

inscricion sistemas eólicos formato .odt

inscricion sistemas eólicos formato .doc