Arquivos de Marzo, 2014
Primeiros vatios de minieólica intelixente en As Corcerizas
Mar 25
Este domingo, 23 de marzo de 2014, vai supoñer un antes e un despois a nivel enerxético para As Corcerizas! Logrouse con éxito a instalación dunha nova máquina de pequena potencia que mostra un novo concepto de minieólica: máxima eficiencia, fiable, con baixos niveles de ruído e sen mantemento. Este novo aeroxerador Anelion SW3.5 distínguese por ter un sistema de regulación e control de potencia puramente electrónico, que agora está a producir xa os primeiros vatios na Serra de San Mamede.
Fotos do proceso: Presentación instalación aeroxerador
Campamentos de verán con Amigos da Terra!
Mar 10
Ábrese o prazo de inscrición para os campamentos de 2014 con Amigos da Terra! En As Corcerizas creamos un marco de convivencia e traballo en equipo no que se desenvolven os valores que defende Amigos da Terra baseados no respecto pola natureza dende unha visión positiva e construtiva.
Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións, obradoiros creativos, xogos populares, dinámicas de grupo, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis información sobre o enfoque e actividades deste ano.
- Do 1 ao 7 de xullo: 8 a 11 anos
- Do 8 ao 14 de xullo: 12 a 15 anos
Curso de Deseño, montaxe e mantemento de sistemas eólicos
Mar 6
Ábrese a inscrición para o curso que levaremos a cabo en As Corcerizas os días 21 a 23 de marzo: Deseño práctico, montaxe e mantemento de sistemas eólicos de pequena potencia para instalacións de autoconsumo, autónomas ou conectadas á rede.
A formación baséase na configuración dun sistema eólico de pequena potencia e na súa montaxe real, coa posta en marcha, comprobación e mantemento. Consulta o programa: APLICACIÓN INSTALACIÓNS EÓLICAS
DIRIXIDO A: estudantes, formadores/as, electricistas, e profesionais en xeral do sector; emprededores/as, etc., e calquera persoa que teña interese en aproveitar a enerxía do vento para producir electricidade.
PREZO: 175€; 150€ para socios/as de Amigos da Terra; inclúe matrícula, aloxamento e manutención (alimentos ecolóxicos e locais, no posible)