Participa nas xornadas de voluntariado e desfruta do entroido!
Dende este venres 28 ata o martes 4 de marzo, As Corcerizas pon a túa disposición o albergue para que podas disfrutar do entroido ourensán, á vez que colaboras co proxecto.
Durante a fin de semana, convidámosche a colaborar na preparación do terreo para a horta que imos poñer en marcha. Recuperaremos os materiais dun cercado abandonado no monte e prepararemos a terra para os bancais. E a partir do domingo poderás seguir aloxándote de xeito gratuíto no albergue para disfrutar do triángulo máxico do Entroido ourensán.
Aproveita a ocasión e apúntate en info@ascorcerizas.com!
Datas importantes do triángulo máxico do Entroido:
Laza
- Venres: O Folión
- Sábado: A Cabritada
- Domingo: A Estrena
- Luns: A Farrapada, Gitanada dos burros, A morena, A Formigas
- Martes: Testamento do burro, Queimada de Arangaño, Enterro do Entroido
Xinzo de Limia
- Domingo: Domingo corredoiro
- Luns: Desfiles, disfraces, pantallas e carrozas
- Martes: Desfiles, disfraces, pantallas e carrozas
- Mércores: Enterro da sardiña
Verín:
- Sábado: Charangas, bombas e petardos
- Domingo: Desfile de cigarróns e carrozas
- Luns: Fariñada
- Martes: Desfile de cigarróns e carrozas
Os comentarios estan pechados.