DSC02544Amigos da Terra pon en marcha, do 7 ao 9 de marzo, a III edición do curso, na que aprenderemos a deseñar una horta aplicando os principios da permacultura.

Cunha metodoloxía participativa levaremos a cabo unha introdución a este sistema de deseño ecosistémico. Posteriormente, poremos en práctica o sistema mediante a creación dunha horta permacultural en As Corcerizas. Analizaremos a paisaxe e os distintos elementos do deseño (solo, auga, bosque comestible…) e xuntas prepararemos o solo, contruiremos os bancais, e sementaremos os primeiros cultivos.

O curso será impartido por Bugui García, especialista en permacultura e Jacobo Ojea, produtor ecolóxico da Horta do Cadaval. Aproveita esta oportunidade para iniciarte no mundo da permacultura e para cultivar os teus propios alimentos nun ecosistema harmónico!

  • Datas: 07 -09 marzo
  • Horario: venres de 17:00h a 20:00h; sábado de 10:00h a 14:30h e 16:30h a 20:30h; domingo de 10:00h a 14:30h e 16:00h a 18:30h
  • Prezo: 40 euros; 30 euros para socios/as de Amigos da Terra (inclúe matricula, aloxamento e manutención). O curso conta con financiamento da Xunta de Galicia
  • Inscrición: envía a ficha cuberta a cooperacion@amigosdaterra.net antes do día 3 de marzo e contactaremos contigo. As prazas son limitadas

Ficha inscrición horto ecolóxico.odt

Ficha inscrición horto ecolóxico.doc

  • Máis información: cooperacion@amigosdaterra.net ou no 986 229 089

Coa colaboración de:

logo_cooperacion_galega   logo_xunta