En Amigos da Terra apostamos por un cambio de modelo enerxético, apoiando o aforro e a eficiencia enerxética; e promovendo o uso e autoxestión das renovables a través dun modelo distribuído como o de As Corcerizas. 

121027_muro_radiante01

121027_muro_radiante02

121027_muro_radiante03

Nesta liña, a fin de semana do 22-23 de febreiro convidámosche a que participes directamente na creación deste novo modelo, a través da campaña ésta é a nosa enerxía!:

  • Coñecendo como formar parte activa na xestión da electricidade como consumidora e posible produtora.
  • Empregando sistemas baseados no aforro e eficiencia enerxética: workshop de muros radiantes con barro crú para a calefación.

Os muros radiantes con barro crú permiten unha captación corporal de temperatura superior que nos solos radiantes. É un sistema moi eficiente, que funciona a baixa temperatura (35-40ºC), de doada combinación con enerxías renovables e moi saudable pola transpirabilidade do barro.

  • Inscricións: envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo.

inscricion workshop formato .odt

inscricion workshop formato .doc

Co apoio de Fundación Biodiversidad:

logo_FB_2014

  • Info complementaria:

A pensión completa, con aloxamento en albergue e manutención ten un custe de 50€ (inclúe 1 almorzo, 2 xantar e 1 cea; alimentación ecolóxica e local, na medida do posible)