Arquivos de Febreiro, 2014
Participa nas xornadas de voluntariado e desfruta do entroido!
Feb 24
Dende este venres 28 ata o martes 4 de marzo, As Corcerizas pon a túa disposición o albergue para que podas disfrutar do entroido ourensán, á vez que colaboras co proxecto.
Durante a fin de semana, convidámosche a colaborar na preparación do terreo para a horta que imos poñer en marcha. Recuperaremos os materiais dun cercado abandonado no monte e prepararemos a terra para os bancais. E a partir do domingo poderás seguir aloxándote de xeito gratuíto no albergue para disfrutar do triángulo máxico do Entroido ourensán.
Aproveita a ocasión e apúntate en info@ascorcerizas.com!
III Curso de Horto Ecolóxico e Permacultura
Feb 17
Amigos da Terra pon en marcha, do 7 ao 9 de marzo, a III edición do curso, na que aprenderemos a deseñar una horta aplicando os principios da permacultura.
Cunha metodoloxía participativa levaremos a cabo unha introdución a este sistema de deseño ecosistémico. Posteriormente, poremos en práctica o sistema mediante a creación dunha horta permacultural en As Corcerizas. Analizaremos a paisaxe e os distintos elementos do deseño (solo, auga, bosque comestible…) e xuntas prepararemos o solo, contruiremos os bancais, e sementaremos os primeiros cultivos.
O curso será impartido por Bugui García, especialista en permacultura e Jacobo Ojea, produtor ecolóxico da Horta do Cadaval. Aproveita esta oportunidade para iniciarte no mundo da permacultura e para cultivar os teus propios alimentos nun ecosistema harmónico!