261213_escautsApunta ao teu centro escolar ás novas xornadas gratuítas en As Corcerizas, baixo o programa Reduce a túa pegada de carbono! enmarcado no premio de sustentabilidade de Hostelling International.

Amigos da Terra convida a 8 centros escolares a participar gratuitamente nunha xornada didáctica durante o mes de maio, na que se analizarán as principais fontes de emisións de CO2, a nosa relación coa produción e a capacidade que temos para influir na súa redución. A través de propostas concretas pretendemos ser parte das posibles solucións, demostrando e divulgando a viabilidade dunha pegada de carbono mínima. A partir de 1º da E.S.O.

Consulta a programación e inscribe ao colexio canto antes!: PROGRAMA PEGADA DE CARBONO

Outros programas escolares en activo:

  • Investiguemos cómo frear o cambio climático co que comemos cada día! Obxectivo: visualizar a orixe dos alimentos tendo en conta as emisións de CO2, a superficie necesaria para a súa produción a escala mundial e a pegada ecolóxica deste modelo. PROGRAMA ALIMENTOS QUILOMÉTRICOS
  • Coñecemento do Medio Natural e Etnografía da Serra de San Mamede. Obxectivo: coñecer os valores ambientais do ecosistema de montaña galego, os recursos etnográficos e fomentar a conservación e o respecto polo patrimonio. PROGRAMA COÑECEMENTO DO MEDIO
  • Especial Excursións de fin de curso. Unha combinación de actividades variadas en contacto coa natureza, dende unha metodoloxía lúdica empregando recursos que afiancen os coñecementos e actitudes de xeito divertido; para todas as idades: EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO

Prezos e inscrición:

Estadías de 1 a 3 días, consulta os prezos: TARIFAS ACTIVIDADES ESCOLARES

Descarga a FICHA DE INSCRICION, cúbrea co programa de interese e envíaa a info@ascorcerizas.com; contactaremos contigo!:

Alimentación e transporte a cargo do centro escolar