070114_grupo_premio

Amigos da Terra obtivo o recoñecemento do premio Fondo de Sustentabilidade que outorga Hostelling International, a través do proxecto de soberanía enerxética de As Corcerizas.

Este premio internacional ten como finalidade a conservación do medio ambiente, apoiando proxectos dirixidos a mellorar o patrimonio natural mediante a redución das emisións de carbono. Este mes de xaneiro comezamos coas accións do proxecto, síguenos!

As Corcerizas é sustentabilidade, é necesaria, posible… e contigo realidade!

Nunha primeira fase As Corcerizas foi elexido entre os albergues da Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) para representar ao Estado español, chegando aos 15 finalistas. Nunha segunda fase realizouse unha votación popular, onde as tres iniciativas máis votadas foron as gañadoras dos premios da rede, permitindo mellorar a sostibilidade dos seus centros e arredores: Reino Unido, España e Estados Unidos.

Gracias a ese gran apoio recibido, o proxecto de As Corcerizas foi premiado cunha dotación de 24.800 libras (arredor de 30.000€), para dar continuidade ao proxecto de soberanía enerxética e a súa divulgación.

Este mes de xaneiro comezamos! Ata xuño desenvolveremos as seguintes accións:

web_corcerizas_v04

  • Instalación dun pequeno muíño eólico
  • Monitorización das enerxías alternativas do centro
  • Construción de muros radiantes de barro crú como sistema eficiente de calefacción
  • Posta en marcha dun programa escolar que permita coñecer e divulgar estas alternativas posibles

Síguenos a través do facebook ou da propia web coa etiqueta Premio HI Sustentabilidade.

Este premio recíbese como un recoñecemento ao labor que leva desenvolvendo dende hai máis de dez anos o colectivo de Amigos da Terra. Ao traballo de todas as persoas que coa súa profesionalidade, esforzo e motivación conseguiron sacar adiante un proxecto 100% renovable e democrático. Así se pon de manifesto a viabilidade dun centro autoxestionado que funciona á marxe da rede eléctrica.

Parabéns a todas as persoas e entidades que apoian a idea que defende Amigos da Terra e que fixo da utopía unha realidade en As Corcerizas.

Información complementaria:

Carta de agradecemento de Amigos da Terra

[PDF]