Arquivos de Xaneiro, 2014
Reduce a pegada de carbono! novas xornadas escolares
Xan 15
Apunta ao teu centro escolar ás novas xornadas gratuítas en As Corcerizas, baixo o programa Reduce a túa pegada de carbono! enmarcado no premio de sustentabilidade de Hostelling International.
Amigos da Terra convida a 8 centros escolares a participar gratuitamente nunha xornada didáctica durante o mes de maio, na que se analizarán as principais fontes de emisións de CO2, a nosa relación coa produción e a capacidade que temos para influir na súa redución. A través de propostas concretas pretendemos ser parte das posibles solucións, demostrando e divulgando a viabilidade dunha pegada de carbono mínima. A partir de 1º da E.S.O.
Consulta a programación e inscribe ao colexio canto antes!: PROGRAMA PEGADA DE CARBONO
As Corcerizas gaña un premio internacional de sostibilidade. Comezamos co proxecto!
Xan 8
Amigos da Terra obtivo o recoñecemento do premio Fondo de Sustentabilidade que outorga Hostelling International, a través do proxecto de soberanía enerxética de As Corcerizas.
Este premio internacional ten como finalidade a conservación do medio ambiente, apoiando proxectos dirixidos a mellorar o patrimonio natural mediante a redución das emisións de carbono. Este mes de xaneiro comezamos coas accións do proxecto, síguenos!
As Corcerizas é sustentabilidade, é necesaria, posible… e contigo realidade!