041213_promo_nadalO albergue de As Corcerizas ofreceche unha alternativa para que pases os festexos en grupo ou de xeito individual, compartindo o encanto da serra no inverno.

Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza, constitúe unha boa opción para facer novas actividades: roteiros pola montaña, autoprodución de fungos, obradoiros de cosmética natural, velas ecolóxicas, etc. Consulta as promocións de fin de semana de decembro, ou pasa o fin de ano na montaña.

Comeza o 2014 en As Corcerizas!

Tarifas de aloxamento no albergue:

  1. Todas as fins de semana de decembro, de venres a domingo: 30 € con almorzos incluídos
  2. Fin de ano:
  • Tarifa individual: 20 € con almorzo incluído
  • Tarifa de grupo-aluguer das instalacións: 500 €; inclúe uso do comedor

Actividades complementarias:

  1. Roteiros pola montaña: Bidueiral de Montederramo, Roteiro a Rebordechao ou Roteiro a Teixeira

Tarifas: ata 10 persoas 50€ / >10 persoas: 5€/participante

  1. Obradoiros ambientais: velas ecolóxicas, cosmética natural e/ou elaboración de xabóns (duración:45min)

    Tarifas: ata 10 persoas: 35€ / >10 persoas: 55€

  2. Obradoiro de autoprodución de setas (duración: 2h.)

    Tarifas: ata10 persoas: 65€ / >10 persoas: 85€

Todos os prezos inclúen o i.v.e.

Máis información e reservas: 986 229 089 – info@ascorcerizas.com