201113_encontro_reajAmigos da Terra participou no IX Encontro de albergues xuvenís da REAJ, este ano celebrado no Albergue Xuvenil Castillo de San Servando, en Toledo, do 20 ao 22 de novembro.

Durante o encontro, abordaronse proxectos nacionais e internacionais de promoción das instalacións xuvenís, e compartíronse experiencias a través de varias ponencias de temáticas diversas: xestión alimenticia; relacións e conflictos en grupo; e boas prácticas nos albergues, tema no que destacou a exposición do proxecto de As Corcerizas.

Foi unha ocasión única para mostrar aos 80 compañeiros/as a esencia de As Corcerizas, como ferramenta educativa e tamén como recurso turístico, promovendo unha xestión máis sustentable pola que poden optar os demais centros. Esperamos que sexa o principio dunha maior colaboración co resto da rede de profesionais e de continuar promovendo prácticas máis sostibles tamén neste sector.