Arquivos de Novembro, 2013

Excelentes resultados do encontro da REAJ

201113_encontro_reajAmigos da Terra participou no IX Encontro de albergues xuvenís da REAJ, este ano celebrado no Albergue Xuvenil Castillo de San Servando, en Toledo, do 20 ao 22 de novembro.

Durante o encontro, abordaronse proxectos nacionais e internacionais de promoción das instalacións xuvenís, e compartíronse experiencias a través de varias ponencias de temáticas diversas: xestión alimenticia; relacións e conflictos en grupo; e boas prácticas nos albergues, tema no que destacou a exposición do proxecto de As Corcerizas.

Ler mais…

Xornadas de PrantaFragas, activismo na Serra!

voluntariado_prantafragasDende Amigos da Terra continuamos coas accións de revalorización e recuperación do monte no entorno de As Corcerizas! Esta mesma fin de semana un grupo de activistas da asociación organiza e levará a cabo un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede: XORNADAS DE PRANTAFRAGAS.

Empregaranse as sementes recollidas neste mesmo mes, na súa maioría landras de carballo da zona da Limia.

Estades todas/os convidadas/os a pasar a fin de semana en As Corcerizas, e implicarvos na restauración destes montes, apuntádevos!

Ler mais…

Encontro de Grupos de Consumo! Achégate a outro modelo de alimentación

Curso cociña vexetariana e envasadosContinuado a súa labor a prol da soberanía alimentaria, Amigos da Terra organiza durante a fin de semana do 30 de novembro e 01 de decembro un Encontro de Grupos de Consumo, dúas xornadas de intercambio de experiencias nas que produtores ecolóxicos e integrantes de varios grupos de consumo galegos nos achegarán a realidade e o funcionamento deste modelo de alimentación consciente e sustentable. Qué son os grupos de consumo, cómo poden xestionarse e cáles son os seus principais retos de futuro, son algúns dos temas que trataremos. Ademais, realizaremos varios obradoiros prácticos, cos que avanzaremos no eido da autoproducción alimentaria.

Ler mais…