bioconstrucionOrganizada dende un grupo de activistas da asociación, a vindeira fin de semana, dende o 19 ata o 20 de outubro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais e ambientais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas: construción dun secadoiro de castañas con adobe, aprender técnicas de bioconstrución como facer diferentes mesturas de adobe, tamén desfrutaremos dos aires limpos da serra e faremos pan artesán.

O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo.

Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verduriñas para a cea do vernes e sábado (a pasta ou o arroz poñemolos nós).

Chegada o sábado pola mañá, saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

Se queres axudar e ser participe con nós, podes enviar un correo ou chamar ao local de Ourense ofrecendo o teu apoio.
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
988 374 318

Poremonos en contacto con vós para concretar horarios, desprazamento…