Activismo Serra de San MamedeOrganizada dende un grupo de activistas da asociación, a vindeira fin de semana, dende o 4 ata o 6 de outubro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas: construción dun valado de madeira para unha horta, e proxeccion de documentais ambientais …e para completar a xornada compartindo experiencias, organizaremos dous cursillos de cosmetica ecoloxica e pan artesán.

O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo.

Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verduriñas para a cea do vernes e sábado (a pasta ou o arroz poñemolos nós).

Chegada o venres ás 18:00 pola tarde.
Saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

Se queres axudar e ser participe con nós, podes enviar un correo ou chamar ao local de Ourense ofrecendo o voso apoio.
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
988 374 318

Poremonos en contacto con vós para concretar horarios, desprazamento…