Encuentro Amigos de la Tierra Europa en As CorcerizasDende o pasado luns e ate o vindeiro venres 20 de setembro, As Corcerizas acolle á xuntanza anual de formación dos grupos nacionais pertencentes á rede Amigos da Terra Europa; que este ano está a celebrar a súa segunda edición co título GET MOVING TOO: MOBILIZACIÓN EN TEMPOS DE CRISE.

Este encontro ten como obxectivo fortalecer a rede, promovendo o intercambio de ideas  sobre a mobilización social e a participación.

Nunha situación de crise social e ambiental, o fortalecemento do traballo en rede dos movementos sociais é crave para loitar contra contra a inxustiza ambiental e social. Por outra banda, algunhas das organizacións tradicionais veñen de sufrir un deterioro progresivo, debido en gran parte ó descrédito inmerecido por parte dalgúns sectores da sociedade, e á falla de recursos económicos e humanos.

Namentres, os movementos sociais vencellados a alternativas respecto do sistema actual están a coller máis forza que nunca, coma é o caso das cooperativas de intercambio de produtos e servizos, as cooperativas de produción e consumo de alimentos, as plataformas por un novo modelo enerxético, plataformas por outro modelo de xestión dos recursos naturais e os refugallos, e en xeral todo un movemento de alternativas fronte á inxustiza ambiental e social, baseadas nunha forma diferente de ver e facer no mundo.

É preciso que as organizacións tradicionais reflexionen sobre o seu rol na sociedade, e Amigos da Terra Europa está disposto a iso. Este segundo ano centrarémonos en analizala realidade dos grupos nacionais e en procurar solucións conxuntas, tomando como base a cooperación entre movementos sociais e a creación de redes de intercambio de experiencias e coñecementos“, di David Heller, coordinador da área de desenvolvemento da rede de grupos nacionais de Amigos da Terra Europa.

A primeira xuntanza de formación foi en Bélxica, e nela participaron representantes de 16 grupos nacionais. A experiencia estase a repetir dende o pasado luns 16 en España; concretamente no Centro de As Corcerizas, por ser un exemplo claro da filosofía que está detrás de todos os grupos nacionais de Amigos da Terra Europa, un espazo participado e participativo, autoxestionado, e un vivo exemplo do que en Amigos da Terra Europa consideramos que é outro mundo posible e necesario.

Amigos da Terra Europa é a organización ecoloxista máis grande de toda Europa. Conta con 31 grupos membros e numerosos grupos afíns, entre os que atopamos as redes ecoloxistas máis activas e fortes de toda Europa. Amigos da Terra Europa pertence tamén a Amigos da Terra Internacional, a rede de grupos ecoloxistas máis extensa a nivel mundial.

Para máis información, porse en contacto con:

  • David Heller, Network development Coordinator, Friends of the Earth Europe. / Tel: +32 (0) 472 342463 (móbil) / david.heller@foeeurope.org
  • Alejandro Gil Carrasco. Network development team, Friends of the Earth Europe. / Tel: +32 (0)28 931 016 (fixo belga) ou +34 679 561 130 (móbil) ou +32 (0) 489 73 69 20 (móbil belga) / alejandro.gil@foeeurope.org