Voluntariado ambiental en As Corcerizas… de voluntari@s a voluntari@s
Un grupo de activistas da asociación ecoloxista Amigos da Terra organiza a vindeira fin de semana, dende o 6 ata o 8 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas, na serra de San Mamede: recollida de leña, limpeza do monte, protección de árbores, e para completala xornada conpartindo experiencias, organizaráse un cursillo de auto cultivo de setas.
O aloxamento no albergue será gratuito, así como o almorzo. Os participantes terán que levar a comida do sábado e o domíngo, asi como unhas verduriñas para a cea do sábado, co fin de acompañar a pasta e o arroz que porá a asociación.
A chegada será o venres ás 18:00 h e a saída o domingo pola tarde.
Se queredes participar nesta actividade debedes enviar un correo ou chamar por teléfono ao local da asociación en Ourense:
- correo: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
- teléfono: 988 374 318
Os comentarios estan pechados.
about 8 years ago
Estimada Begoña,
Se ves de A Coruña ata Ourense, podemos recollerche en Ourense, ou podes tomar un autobus ANPIAN dende Ourense a Arnuide ( parada no supermercado Prol), que sae as 17:50 e chega ás 18:30 e quedamos en Arnuide.
envia unha mensaxe a voluntariado.galiicia@amigosdaterra.net con teu numero de telefono para confirmar
Para a volta non hay problema para estar en Ourense as 19:00
about 8 years ago
eu vou en bus dende coruña. alguen me leva dende Ourense ó albergue?
Gracias
(tamen preciso quen me deposito preto da estación buses de Ourense o domingo as 19:00 horas ou ben as 20 horas, que e a hora dos buses. Ou ben vir xa con alguen do grupo.
Saudos!