Arquivos de Setembro, 2013
Get moving too! Xuntanza de Amigos da Terra Europa en As Corcerizas
Set 17
Dende o pasado luns e ate o vindeiro venres 20 de setembro, As Corcerizas acolle á xuntanza anual de formación dos grupos nacionais pertencentes á rede Amigos da Terra Europa; que este ano está a celebrar a súa segunda edición co título GET MOVING TOO: MOBILIZACIÓN EN TEMPOS DE CRISE.
Este encontro ten como obxectivo fortalecer a rede, promovendo o intercambio de ideas sobre a mobilización social e a participación. Ler mais…
Voluntariado ambiental en As Corcerizas… de voluntari@s a voluntari@s
Set 4
Un grupo de activistas da asociación ecoloxista Amigos da Terra organiza a vindeira fin de semana, dende o 6 ata o 8 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas, na serra de San Mamede: recollida de leña, limpeza do monte, protección de árbores, e para completala xornada conpartindo experiencias, organizaráse un cursillo de auto cultivo de setas.
O aloxamento no albergue será gratuito, así como o almorzo. Os participantes terán que levar a comida do sábado e o domíngo, asi como unhas verduriñas para a cea do sábado, co fin de acompañar a pasta e o arroz que porá a asociación.
A chegada será o venres ás 18:00 h e a saída o domingo pola tarde.
e o campo de traballo rematou…
Set 4
O pasado 12 de agosto remataba con grande satisfacción por parte dos participantes e equipo o Campo de Traballo Internacional que se desenvolveu en As Corcerizas e arredores da Serra de San Mamede ao longo de 12 intensos días.
Jack Whitfield, voluntario de Amigos da Terra co seu proxecto en As Corcerizas, participou con entusiasmo no equipo de coordinación para desenvolver con éxito os obxetivos e actividades previstas.
Esta é a súa visión do seria unha sinopse do campo e experiencia persoal: