150513_curso_alimentacionDende Amigos da Terra apostamos por unha alimentación sana, natural e sustentable, polo que os días 15 e 16 de xuño levaremos a cabo a III edición do curso. Nesta ocasión achegarémonos a coñecer o tipo de alimentación axeitado ás necesidades nutricionais de cada persoa, aprendendo a deseñar e preparar dietas equilibradas e equilibradoras; coñecendo o que máis nos convén segundo a estación e estado do noso organismo en cada momento. Aprenderemos menús alternativos, carentes de lácteos ou glute entre outras cousas!

Consulta os contidos específicos e máis información no [PROGRAMA COMPLETO]

A actividade é gratuíta e as prazas limitadas, inscríbete xa!

Falaremos dos impactos que provocan os alimentos que percorren miles de quilómetros, os refinados e os transxénicos; faremos un obradoiro práctico e coñecemos de qué están compostos os nosos alimentos.

Contaremos coa ampla experiencia de Silvia Méndez, bióloga e especialista en Mediciña Natural.

O curso está dirixido a calquera persoa, colectivo ou entidade interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.

Prezo: 20 €; actividade é gratuíta (inclúe matrícula e alimentos para elaboración e degustación dun xantar).

Inscricións: envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo. As prazas son limitadas!

Máis información:
info@ascorcerizas.com                                             Coa colaboración de:
logo MAAMA_FB