Curso de elaboración de xabóns e cosmética natural
O uso frecuente de cosméticos con aditivos pode ameazar a saúde da nosa pel e de todo o noso organismo; xunto coa consecuente contaminación das augas por excesos de sustancias tóxicas. A través deste curso ofrecemos unha alternativa natural e saudable!
Realizaremos o proceso completo de elaboración con diferentes compoñentes e esencias, co obxectivo de que cada participante poda facer os seus propios xabóns, champús, cremas, desodorantes e demais cosméticos na casa, empregando elementos ecolóxicos.
Consulta o PROGRAMA que desenvolveremos de xeito práctico os días 1 e 2 de xuño; ademais entregarase un manual detallado.
A formación está dirixida a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara o autoconsumo natural e/ou o consumo responsable e sustentable.
DATOS DE INTERESE:
- Datas: sábado e domingo, 1 e 2 de xuño de 2013
- Duración: 10h. presenciais
- Horario: sábado de 11h. a 14h. e 16h. a 20h. e domingo de 10h. a 13h.
- Prezo: 75 euros que inclúen a matrícula, materiais, manual e aloxamento.
Manutención: +25€ a pensión completa (xantar e cea do sábado máis almorzo do domingo; alimentos ecolóxicos na medida do posible)
INSCRICIÓN:
Envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo.
Os comentarios estan pechados.
about 9 years ago
Hola Pablo, te dejo mi tlf para organizarnos 625169174
Un saludo!!
about 9 years ago
Hola,me dirijo a Pablo,no tengo coche y vivo en Vigo ¿te importaría que fuera contigo al curso de este finde en As Corceirizas? no se si sales el Viernes o Sábado. Espero tu respuesta.Muchas gracias.
about 9 years ago
Curso de Alimentación: Vamos dúas persoas en coche desde Ferrol, pasando por Compostela. Alguén quere compartir coche?
about 9 years ago
Yo salgo desde Vigo con 4 plazas libres.
about 9 years ago
Miguel, podo pasar a recollerte a Coruña. A pesar de vivir tan perto non me mañexo moito por Coruña. Onde podo recollerte?
O meu teléfono é: 616274950
about 9 years ago
Hola Rosa
A min, en principio venme ben que me collas na Coru. ¿É posible?
Unha aperta
about 9 years ago
Olá
Vou ao curso de xabóns dende Ferrol. Hai algúen con que poda compartir meu coche ou o de algúen, dende Ferrol, Coruña ou Compostela? Graciñas
about 9 years ago
Olá
Vou ao curso de xabóns dende Ferrol. Hai algúen con que poda compartir coche, dende aquí, Coruña ou Compostela? Graciñas
about 9 years ago
Ola Carla, moitas gracias polo ofrecemento.
Pois estón, por favor, conta con Ingrid para subir e baixar den Ourense.
about 9 years ago
Coche con 3 plazas libres desde Ourense.