taller_construccion_sacos_tierraA bioconstrucion é un fenómeno imparable e unha opción pola que cada vez se decantan máis persoas ao coñecer que é posible construir a túa propia casa cuns estándares de calidade moi elevados e un prezo razoable.

O obxectivo deste curso intensivo, do 17 ao 21 de xullo, é o de capacitar para a construción de vivendas con sacos de terra, mediante a construción dun domo dende a cimentaciòn ata o acabado. O sistema basease na consecución de fiadas de sacos recheos con terra estabilizada e compactada, estructuras autoresistentes e illantes, hidrófugas e ignífugas.

O sistema é único en todo o proceso: a casa é de abaixo a arriba de terra e cal. [PROGRAMA]

Imparte o bioconstrutor Antonio Prados, certificado en superadobe e fundador de tienes tierra tienes casa

Dirixido a: autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, etc. Especialmente pensado para albaneis, aparelladores/as, arquitectos/as como persoas sen cualificación que queren autoconstruir a súa casa ecolóxica e que ademais non contan cos recursos económicos que requeriría outro tipo de construción convencional.

Prezos: 450 euros; 410 euros para socios/as de Amigos da Terra.

Inclúe formación, aloxamento e manutención (procedente da agricultura ecolóxica local na medida do posible; non inclúe xantar do primeiro día)

Inscricións: envía a ficha cuberta antes do 6 de xullo a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo.

Ficha inscrición [.odt]

Ficha inscrición [.doc]