campo_traballo_bioconstrucionEstá aberta a inscrición para o Campo de traballo internacional que levaremos a cabo no verán, do 1 ao 12 de agosto 2013 en As Corcerizas.

Amigos da Terra abre un espazo participativo para a formación práctica en bioconstrución a través de traballos colectivos que nos mostren como empregar materiais ecolóxicos para minimizar os impactos que xeneramos coa nosa forma de vida. Adicaremos as mañás á rehabilitación de estruturas dos edificios bioclimáticos, combinando os revocos de barro, tratamentos naturais para estructuras de madeira, etc.; coa protección do contorno natural recuperando o ecosistema forestal e vixiando para a detección de posibles lumes na Serra de San Mamede.

Polas tardes disfrutaremos de actividades complementarias como obradoiros ambientais, roteiros e dinámicas grupais que fomenten un ambiente amigable e distendido. Teredes a oportunidade de coñecer tamén a costa galega e os recursos da cidade de Ourense. Apúntate a este espazo de reflexión e acción! [INFORMACIÓN AMPLIADA]

Consulta aquí as condicións xerais e modo de inscrición a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que apoia e promove esta iniciativa a través da campaña Acción de Verán.