Curso de fotografía ambiental. Imaxes para o cambio social
Este curso, programado para o 20 e 21 de abril, capacitarate para realizar e empregar con maior profesionalidade imaxes e recursos comunicativos que habitualmente forman parte imprescindible de trípticos, informes, cartelería, etc; e que no día día, compartimos a través das nosas webs, blogs e redes sociais.
Tanto se es responsable de comunicación dunha organización, activista dun movemento social, ou tes ganas de encher de mensaxe as publicacións nas redes sociais; este curso pode ser de alto interese para ti.
IMAXES PARA O CAMBIO SOCIAL quere axudarte a comunicar mellor a través da fotografía, de forma máis clara e certeira. Contribuíndo a un tecido asociativo máis creible, atractivo e influinte.
Datas: Sábado e domingo, 20 e 21 de abril de 2013
Destinatarios/as:
- Socias-os, militantes e voluntarias-os de organizacións sociais.
- Membros do equipo técnico e dos equipos de coordinación e directivos da organización.
- Público xeral vinculado ao movemento asociativo.
- Persoas interesadas en facer mellores fotografías, máis impactantes e interesantes e mobilizar a súa creatividade.
Programa: descarga neste enlace o programa completo
Obxectivos transversais:
- Espertar o interese e a paixón pola fotografía como técnica artística de expresión e creación.
- Dar a coñecer e ensinar a utilizar con fluidez conceptos e ferramentas básicas de fotografía e edición fotográfica que permitan crear mellores mensaxes.
- Crear un espazo de intercambio de coñecementos que perdure máis alá do obradoiro.
Imparte Víctor Barro, fotógrafo profesional. Con máis de 15 anos de experiencia de traballo con distintas ONG’s e movementos sociais.
Duración: 15h presenciais
Horario: sábado de 10:00h a 14:30h e 16:00h a 20:30h; domingo de 10:00h a 14:30h e 16:00h a 18:30h
O prezo da fin de semana é de 120€; 100€ para socios/as de Amigos da Terra. O curso non están financiado, e inclúen matrícula, materiais, aloxamento e manutención.
Inscrición: descarga ficha de inscrición e envíaa ao correo info@ascorcerizas.com
Máis información: info@ascorcerizas.com ou no 986 229 089
Os comentarios estan pechados.
about 9 years ago
Me parece una iniciativa estupenda el curso y enfoque que se le dá; por mi parte no podré asistir, para ese fin de semana estoy comprometido con otra actividad. Un abrazo, pedro