Arquivos de Abril, 2013
ENTENDÉMONOS: curso de comunicación intra e interpersoal
Abr 26
Para todas as persoas e colectivos que queirades reflexionar e aprender conceptos e técnicas relacionadas coa comunicación asertiva e a mellora das relacións, presentamos este curso a desenvolver o 25 e 26 de maio en As Corcerizas. Cun clima grupal cómodo e lúdico, traballaremos a comunicación verbal e non verbal, as habilidades comunicativas e resolución de conflictos, tanto para o ámbito persoal como profesional.
Fomentar a autoestima, a motivación e o benestar; coñecer ferramentas para a expresión e xestión das emocións; entrenar a autoafirmación e a empatía; ou coñecer o “continuo” entre a restricción total e a necesidade de poñernos límites, son algúns dos obxectivos. Neste momento de cambio temos a oportunidade de reconciliarnos con nós mesmas, soltar amarras e aprender a cooperar e xuntar forzas! [PROGRAMA ENTENDÉMONOS]
Tratamentos biolóxicos de augas residuais: curso práctico [NOVAS CONDICIÓNS DE HORARIOS E PREZOS]
Abr 15
Coa participación neste curso desenvolverás a capacidade técnica necesaria para poder acometer con éxito a construción, mantemento e xestión dun sistema de depuración doméstico sustentable.
Coa idea de identificar a opción máis apropiada para o noso proxecto ou fogar, os días 25 e 26 de maio o profesional Javier Santiago exporá as bases da fitodepuración e presentará alternativas viables para poder construir e autoconstruir o noso propio filtro.
Consulta o PROGRAMA cos contidos, novos horarios, currículum do formador; e apúntate ás alternativas naturais! MATRÍCULA: 60€
Curso de fotografía ambiental. Imaxes para o cambio social
Abr 5
Este curso, programado para o 20 e 21 de abril, capacitarate para realizar e empregar con maior profesionalidade imaxes e recursos comunicativos que habitualmente forman parte imprescindible de trípticos, informes, cartelería, etc; e que no día día, compartimos a través das nosas webs, blogs e redes sociais.
Tanto se es responsable de comunicación dunha organización, activista dun movemento social, ou tes ganas de encher de mensaxe as publicacións nas redes sociais; este curso pode ser de alto interese para ti.
IMAXES PARA O CAMBIO SOCIAL quere axudarte a comunicar mellor a través da fotografía, de forma máis clara e certeira. Contribuíndo a un tecido asociativo máis creible, atractivo e influinte.