formacion_primavera_2013Dende Amigos da Terra adiantámosvos o programa de accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera:

Fotografía ambiental, imaxes para o cambio social

Tratamentos biolóxicos de augas residuais: cómo construir un sistema de depuración autónomo

– Alimentación e nutrición sana eco-lóxica e natural

Elaboración de xabóns e cosmética natural

Construción con sacos de terra

O PREZO dos cursos de fin de semana é de 120€; 100€ para socios/as de Amigos da Terra.

O PREZO do curso de Construción con sacos de terra é de 450€ os 5 días

Os cursos NON ESTÁN FINANCIADOS, e inclúen matrícula, materiais, aloxamento e manutención. Posibilidades de redución das cuotas: prezo sen manutención 90€; en cada curso haberá 1 praza dispoñible para intercambio da matrícula por colaboración na organización ou desenvolvemento do curso.

Inscríbete enviando a ficha a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo!