Activismo Serra de San MamedeDando continuidade ás accións de revalorización e recuperación do monte levadas á cabo por Amigos da Terra no entorno de As Corcerizas nos últimos anos; propomos, para o vindeiro 16 e 17 de marzo, un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede:

Roteiro nocturno, obradoiro de recuperación ambiental, plantación e ecovixiancia en zonas afectadas polo AVE e xogos de orientación, serán algunhas das actividades previstas.

Consulta a Programación e reserva praza!

Datas: 16 e 17 de marzo

Dirxido a todas aquelas persoas interesadas na mellora e defensa do monte galego

Horas e puntos de encontro:

Sábado ás 20:00 en As Corcerizas
Domingo ás 10:30 en As Corcerizas
Domingo ás 13:30 na área de lecer de Porto, a carón do Río Arnoia, e se fai mal tempo no
local social do pobo. Porto-Alemparte.- 42º 10´ 40.04″ N e 7º 35´ 29.89″ W

Aloxamento e comidas

Aloxamento no albergue de As Corcerizas.
Cea e xantar por conta dos participantes.

ACTIVIDADE GRATUÍTA

As persoas que participen en toda a programación, serán convidados/as por Amigos da Terra ao almorzo e poderán disfrutar do albergue de xeito gratuíto a noite do sábado.
Reserva a túa praza antes do 15 de marzo se ves a durmir ao albergue.

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVAS nos locais de Amigos da Terra e no:

988 374 318
info@amigosdaterra.net

AVE por Vilar de Barrio

O domingo, en colaboración cos veciños/as de Porto, teremos oportunidade de ver ao longo do roteiro a desfeita e a pretensión de ADIF de ocupar e destruir preto de 20 hectáreas e soutos centenarios que se suman as xa ocupadas 27 hectáreas: 47 Ha. destruídas de fragas autóctonas nun val moi pequeno.

Hai prevista a convocatoria aberta dunha xuntanza de tódalas organizacións “sensibles” para unificar criterios para facer fronte a este “Cabalo de Atila” ; esixindo ás Administracións Públicas que se cumpra a lexislación e se minimice o impacto das obras.