Como convivir cunha mesma e en comunidade? apúntate a descubrilo!
Esta semana santa Amigos da Terra ofreceche un plan diferente en As Corcerizas, con actividades baseadas no benestar, equilibrio e intelixencia emocional. É momento de adquirir as habilidades que precisamos para vivir en sociedade e crear comunidade, apúntaste a descubrilas? Coa colaboración de María Martínez, especialista en terapia breve centrada en solucións, gabinete ANDARES, afondaremos en fórmulas para unha comunicación asertiva e para sintonizar e entrar en armonía cos demais sen perder o noso ritmo.
Tamén propomos un roteiro pola Serra de San Mamede, potenciando o contacto coa natureza como ferramenta imprescindible para o noso benestar.
PREZO ESPECIAL DE XÓVES A DOMINGO: 75 euros; 65 euros para socios/as de Amigos da Terra. Tamén poderás conformar o teu propio plan “a medida” e apuntarte ao que máis che interesa!
- PROGRAMA DE ACTIVIDADES
- TARIFA COMPLETA: 75€; 65€ para socios/as. Inclúe o aloxamento os 4 días e as actividades
- TARIFAS PARA FACER O TEU PROPIO PLAN (prezos individuais; inclúen o i.v.e.):
Aloxamento: 15 euros cada noite
Obradoiro con ANDARES: 20 euros toda a xornada do venres (12h. a 20h.)
Roteiro ambiental: 15 euros toda a xornada do sábado (11h. a 18h.)
- INSCRICIÓNS: envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com antes do día 25 de marzo e poñeremonos en contacto contigo!
Inscrición semana santa formato .odt
Inscrición semana santa formato .doc
- MÁIS INFORMACIÓN: info@ascorcerizas.com ou no 986 229 089
Os comentarios estan pechados.
about 10 years ago
Ola! eu estou na mesma situación, preciso combinar con alguén pra subir e baixar en semana santa (de xoves a domingo preferiblemente). Estou en Compostela pero podo achegarme en bus ou tren a Pontevedra, Vigo, Ourense ou algún outro sitio. Deixo teléfono tamén por se acaso: 665 200 619. Graciñas!
about 10 years ago
Xorella: esquencime de dicir , que o coche é para a ponte de semana santa.Pra sair o miercoles pola tarde ou o 28 moi sedó.O meu telefono e 639371906.Graciñas
about 10 years ago
Ola a todas e todos:Necesitaria coche dende Vigo. para subir as Corcerizas.Colaboraria con gastos do combustible.Graciñas.