260212_curso_horta_ecoloxicaAmigos da Terra convídavos a participar na II edición do curso horto ecolóxico familiar a fin de semana do 9-10 de marzo.

Ademais dos contidos teóricos necesarios para poñer en marcha unha horta, levaremos a cabo obradoiros prácticos que nos permitirán iniciar e manter os nosos cultivos: extracción de sementes, preparación de extractos vexetais e a elaboración de sementeiras.

O curso será impartido por Jacobo Ojea e Belén Fervenza, produtores/as de Redondela con ampla experiencia en agricultura ecolóxica. Coa súa colaboración iniciaremos tamén hortas urbanas en Ourense e Vigo durante a primavera, a través de xornadas de traballo en parcelas comunitarias. Apúntate ao autoconsumo!

  • Datas: 09 -10 marzo
  • Horario: sábado de 10:00h a 14:30h e 16:00h a 20:30h; domingo de 10:00h a 14:30h e 16:00h a 18:30h
  • Prezo: 30 euros; 20 euros para socios/as de Amigos da Terra (inclúe matricula, aloxamento e manutención). O curso conta con financiamento da Xunta de Galicia
  • Programa horto ecolóxico
  • Destinatarios/as: público xeral, especialmente dirixido para aquelas persoas que queiran iniciarse no cultivo ecolóxico ou mudar dun sistema convencional
  • Inscrición: envía a ficha cuberta a cooperacion@amigosdaterra.net antes do día 6 de marzo e contactaremos contigo. As prazas son limitadas; para participar nas hortas comunitarias terán prioridade as persoas que asistan a este curso
  • Máis información: cooperacion@amigosdaterra.net ou no 986 229 089

Coa colaboración de:

          logo_cooperacion_galega   logo_xunta

 

 

Related Images: