Inscríbete no curso de horto ecolóxico! e participa nas hortas urbanas comunitarias
Amigos da Terra convídavos a participar na II edición do curso horto ecolóxico familiar a fin de semana do 9-10 de marzo.
Ademais dos contidos teóricos necesarios para poñer en marcha unha horta, levaremos a cabo obradoiros prácticos que nos permitirán iniciar e manter os nosos cultivos: extracción de sementes, preparación de extractos vexetais e a elaboración de sementeiras.
O curso será impartido por Jacobo Ojea e Belén Fervenza, produtores/as de Redondela con ampla experiencia en agricultura ecolóxica. Coa súa colaboración iniciaremos tamén hortas urbanas en Ourense e Vigo durante a primavera, a través de xornadas de traballo en parcelas comunitarias. Apúntate ao autoconsumo!
- Datas: 09 -10 marzo
- Horario: sábado de 10:00h a 14:30h e 16:00h a 20:30h; domingo de 10:00h a 14:30h e 16:00h a 18:30h
- Prezo: 30 euros; 20 euros para socios/as de Amigos da Terra (inclúe matricula, aloxamento e manutención). O curso conta con financiamento da Xunta de Galicia
- Programa horto ecolóxico
- Destinatarios/as: público xeral, especialmente dirixido para aquelas persoas que queiran iniciarse no cultivo ecolóxico ou mudar dun sistema convencional
- Inscrición: envía a ficha cuberta a cooperacion@amigosdaterra.net antes do día 6 de marzo e contactaremos contigo. As prazas son limitadas; para participar nas hortas comunitarias terán prioridade as persoas que asistan a este curso
- Máis información: cooperacion@amigosdaterra.net ou no 986 229 089
Coa colaboración de:
Os comentarios estan pechados.
about 9 years ago
Boas berzola¡ chamame, 628 918 006 ou dame o telefono e imos xuntos¡ apertas¡
about 9 years ago
Pois estaría ben compartir coche! pasame o teléfono e falamos te parece? ou dame umha chamada! que bo!!
about 9 years ago
De momento estamos dúas persoas que saímos de Pontevedra (Paula Cristina e eu) o sábado ás 8.
Se alguén máis se quere apuntar, pode chamarme ao 667313004.
Saúdos
about 9 years ago
Dolores? eu salgo de Coruña. Se tes sitio falamos de ir.
saludos.
about 9 years ago
o tren chega a ourense as 10:30 Alguen vai tarde cara ali en coche??
Saudos
about 9 years ago
Boas¡ eu irei dende cambre, a coruña. estaría encantada de compartir o coche, o meu telefono é 628 918 006, apertassss¡¡
about 9 years ago
Somos dos personas con coche que pueden recoger a gente desde Ourense ciudad el sábado, saludos.
Tel. 626696522
about 9 years ago
Hola yo estoy en Ribadumia, pero puedo ir hasta Pontevedra, busco con quien ir al curso. Xulio hay sitio en tu coche????????? Mi tel: 627429126, gracias
about 9 years ago
Boas! Para os que saídes de Vigo/Pontevedra/Morrazo, pasades, si ou si (ou non?) por Ponteareas, pola A52 destino Ourense. Eu, se hai sitio, comparto gastos do coche. Xulio, hai sitio no coche? O meu móbil é o 666 oito nove tres 879. Grazas!
about 9 years ago
Hola yo salgo desde Ourense y comparto coche. Si alguien esta interesado llámame al teléfono 664837763.
about 9 years ago
Hola nosotros (dos personas) buscamos quién vaya para allá! Quedaríamos en Porriño que queda de camino para quién salga desde Pontevedra, Vigo o similar.
Xulio, tú pasas por allí?
Nuestro teléfono es 666928647
about 9 years ago
Se alguén vai ir ao curso desta fin de semana desde Pontevedra ou arredores (O Morrazo, Redondela, …) eu estou disposto a compartir coche.
Saúdos
about 9 years ago
Totalmente recomendable. Fíxeno o ano pasado e creo que o traballo docente de Jacobo e Belén e inmellorable. 100% recomendable. Foi moi práctico, claro e inspirador.
De querer comezar neste mundo ou saber un pouco máis para os iniciados, non o poden perder!!!
Moi boa idea repetilo!
Apertas bercianas 🙂
Nuria