Desafío SolidarioO vindeiro 2 de marzo xuntarémonos para a plantación de 1000 árbores autóctonas nas proximidades de As Corcerizas.

A primavera pasada socios/as e voluntarios/as de Amigos da Terra colaboramos no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012; un evento deportivo organizado anualmente por Cruz Vermella Maceda e a Asociación Deportiva e Cultural Vía XVIII, que o ano pasado año puso o seu enfoque na oleada de lumes que arrasou en 2011 a Serra.

Repoboaremos 1 hectárea enteira de terreo!

Chegou pois o momento de achegarse ao monte:

Piñeiros silvestres, bidueiros, carballos e acivros serán algunhas das especies autóctonas que, pola súa adaptación ao clima e á altitude da zona, serán plantadas no monte comunal de Castro de Escuadro, ao pe da Serra de San Mamede.

Dende Amigos da Terra propomos a maiores, unha vez rematada a plantación, facer un roteiro ata o alto da Serra para disfrutar da paisaxe invernal da montaña en boa compañía.

 

Se estades interesados/as en colaborar poñédevos en contacto coa asociación para concretar as cuestións organizativas.

Data: 2 de marzo
Lugar: Serra de San Mamede. Monte Comunal de Castro de Escuadro, proximidade de As Corcerizas.

Confirmación de asistencia e máis información en :
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
988 374 318

 

Fagamos da Serra de San Mamede un espazo cada día máis vivo!