Este verán apuntate a un Campamento Alternativo!

Nos campamentos de Amigos da Terra apostamos por unha educación ambiental de calidade, onde ademais do propio disfrute das actividades aportase unha experiencia vivencial de alto valor.

Desenvolvemos un programa en permanente contacto coa natureza, ampliando a sensibilidade que permite identificar valores humáns e de convivencia na mesma. E coidamos a alimentación cunha cociña libre de transxénicos e con alimentos ecolóxicos.

Do 1 ao 10 de xullo terán o protagonismo os mozos e mozas de 10 a 14 anos.

Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións e visitas a pobos próximos, obradoiros creativos e actividades manuais, xogos populares, dinámicas de grupo, cine ao aire libre, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis informacion sobre o enfoque e actividades deste ano.

Fotografías de anteriores Campamentos en As Corcerizas

Durante os campamentos os/as participantes non solo adquiren novos coñecementos, senon tamén e sobre todo, actitudes e capacidades como respeto mutuo, coordinación, socialización, creatividade e axilidade física e mental.

Baseamos os campamentos nun marco de convivencia, respecto, traballo en equipo e cooperación, desenvolvendo os valores que defende Amigos da Terra de promoción da xusticia social e respecto pola natureza dende unha visión positiva e construtiva. 

Para Amigos da Terra convertir a utopía en realidade, e que dita realidade poda ser vivida e mostrada, constitúe un exemplo de que non hai mellor maneira de dicir as cousas que facelas.

Fai a túa reserva, envía a ficha de inscrición e solicita o programa detallado de actividades, por correo electrónico a info@ascorcerizas.com ou chamando ao número 986 229 089