Arquivos de Febreiro, 2013
Inscríbete no curso de horto ecolóxico! e participa nas hortas urbanas comunitarias
Feb 26
Amigos da Terra convídavos a participar na II edición do curso horto ecolóxico familiar a fin de semana do 9-10 de marzo.
Ademais dos contidos teóricos necesarios para poñer en marcha unha horta, levaremos a cabo obradoiros prácticos que nos permitirán iniciar e manter os nosos cultivos: extracción de sementes, preparación de extractos vexetais e a elaboración de sementeiras.
O curso será impartido por Jacobo Ojea e Belén Fervenza, produtores/as de Redondela con ampla experiencia en agricultura ecolóxica. Coa súa colaboración iniciaremos tamén hortas urbanas en Ourense e Vigo durante a primavera, a través de xornadas de traballo en parcelas comunitarias. Apúntate ao autoconsumo!
Related Images:
Desafío Solidario: 1000 árbores para a Serra de San Mamede
Feb 25
O vindeiro 2 de marzo xuntarémonos para a plantación de 1000 árbores autóctonas nas proximidades de As Corcerizas.
A primavera pasada socios/as e voluntarios/as de Amigos da Terra colaboramos no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012; un evento deportivo organizado anualmente por Cruz Vermella Maceda e a Asociación Deportiva e Cultural Vía XVIII, que o ano pasado año puso o seu enfoque na oleada de lumes que arrasou en 2011 a Serra.
Repoboaremos 1 hectárea enteira de terreo!
Related Images:
Campamentos 2013 con Amigos da Terra!
Feb 8
Este verán apuntate a un Campamento Alternativo!
Nos campamentos de Amigos da Terra apostamos por unha educación ambiental de calidade, onde ademais do propio disfrute das actividades aportase unha experiencia vivencial de alto valor.
Desenvolvemos un programa en permanente contacto coa natureza, ampliando a sensibilidade que permite identificar valores humáns e de convivencia na mesma. E coidamos a alimentación cunha cociña libre de transxénicos e con alimentos ecolóxicos.
Do 1 ao 10 de xullo terán o protagonismo os mozos e mozas de 10 a 14 anos.
Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións e visitas a pobos próximos, obradoiros creativos e actividades manuais, xogos populares, dinámicas de grupo, cine ao aire libre, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis informacion sobre o enfoque e actividades deste ano.
Fotografías de anteriores Campamentos en As Corcerizas