Inscribe o teu centro educativo nas actividades escolares 2013! Adaptadas dende infantil ata bacharelato, con estadías de 1 a 3 días. Cada centro pode escoller entre as diferentes actividades propostas ou solicitar un programa “a medida”. Ofertas especiais, consulta as TARIFAS:

Cubre as 50 plazas do bus e só vos custará 8 € por participante! Para estancias, en grupos de 25 participantes, con aloxamento, manutención e actividades:
2 días: 68€/persoa (inclúe 1 noite e 1 pensión completa)
3 días: 97€/persoa (inclúe 2 noites e 2 pensións completas)

Consulta as actividades propostas e o modo de inscrición!

  • Investiguemos cómo frear o cambio climático co que comemos cada día! Obxectivo: visualizar a orixe dos alimentos tendo en conta as emisións de CO2, a superficie necesaria para a súa produción a escala mundial e a pegada ecolóxica deste modelo. PROGRAMA ALIMENTOS QUILOMÉTRICOS
  • Alternativas para afrontar o Cambio Climático. Obxectivo: identificar as causas e consecuencias da crise climática e coñecer alternativas reais dende a experiencia vivencial directa: enerxías renovables, bioconstrución, sistema de depuración de augas con plantas e alimentación sustentable. PROGRAMA APOSTA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
  • Coñecemento do Medio Natural e Etnografía da Serra de San Mamede-Macizo Central Ourensá. Obxectivo: coñecer os valores ambientais do ecosistema de montaña galego, os recursos etnográficos e fomentar a conservación e o respecto polo patrimonio como un ben ambiental, social e económico. PROGRAMA COÑECEMENTO DO MEDIO

Cubre a FICHA DE INSCRICION (formato .odt ou formato .doc), envíaa a info@ascorcerizas.com e porémonos en contacto contigo!